Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta recúa e recupera o servizo de practicaxe nos portos de Cee, Corcubión e Laxe

Porto de Brens cargando ca grua-Foto-Rafa Quintans
Porto de Brens cargando ca grua-Foto-Rafa Quintans
A Xunta recúa e recupera o servizo de practicaxe nos portos de Cee, Corcubión e Laxe

Meses de polémica, meses sen a seguridade marítima respaldada pola figura dun práctico; meses de pregos de contratación imposibles; meses de tonterías como a de práctico-substituto que cubriría todo o litoral norte de Galicia e que tería que facer un Burela-Cee en caso de emerxencia… Pero despois de numerosas iniciativas parlamentarias, varias do BNG e unha do PSOE, a Xunta vén de recuar da súa posición (sacou un prego inaceptable que quedou deserto) e vén de sacar un novo e decente prego de contratación (incluso mellor que o anterior) para recuperar o servizo de pràctico dos portos de Cee, Corcubión e Laxe.

A Xunta, despois de botarlle a culpa a Capitanía Marítima, e mesmo ameazar coa privatización do servizo, dá un paso tras deixar 2 meses sen este servizo vital para a seguridade marítima.

Dende o BNG sacan peito da súa acción sinalando que boa parte da culpa a teñen as súas “3 iniciativas parlamentares que acabaron por facerlle ver a Xunta o erro que estaba a cometer”. Así e todo, o parlamentario carballés Daniel Pérez lamenta que tivese que ser despois 2 meses, coincidindo co tempos de eleccións.

Volven pois os buques que cheguen aos portos costeiros, terán a axuda dun práctico que lles axude a atracar.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios