Poesia, pintura e libros achegan a cultura á mocidade de Cee a través dos concursos

Achegamos, todos xuntos, os concursos que prantexa o Concello de Cee para este semestre. Poesía, pintura e libros toman o protagonismo para achegar a cultura á mocidade.

V Concurso poesía pola Igualdade

A Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego en colaboración co CIM, convoca un ano máis o V Concurso de Poesía: “MULLERES DO NOSO TEMPO”.
O prazo para entregar as poesías remata o día 2 de marzo ás 13:30h si se presentan no Rexistro Xeral do Concello, as poesías que se remitan por correo ou mensaxería dispoñen de 7 días máis, previo aviso a través do fax, que se enviaron.

O xurado fará pública a súa decisión no mes de marzo, cando se faga entrega dos premios, que serán 3, dotados con: 1º 200€, 2º 150€ e 3º 100€.

As bases están expostas nos taboleiros do Concello, CIM e na páxina web do Concello. Para máis información: páxina web do Concello,CIM chamando aos teléfonos: 607026795- 981745100 en horario de 9:00 horas a 13:30horas de luns a venres o unas oficinas do CIM.

IX Concurso de Pintura

O Concello de Cee, co obxectivo de fomentar o interese pola actividade artística da pintura, convoca o IX Concurso de Pintura, para maiores de 14 anos. Cada concursante pode presentar dúas obras, únicas e orixinais, para optar aos 3 premios (1.000€ para o gañador e dous accésits de 600 € cada un).

A temática irá centrada con todo o relacionado coa xeografía, historia, arte e patrimonio etnográfico da Costa da Morte, tendo especial preferencia aquelas obras que se inspiren na realidade ceense.

As pinturas entregaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cee desde o 2 ata o 18 de abril, ambos inclusive, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas. E resovlerase a finais do mesmo abril.
As obras presentadas formarán parte da exposición que a tal fin se inaugurará o sábado 5 de maio de 2012 ás 13.00 horas na Casa do Concello de Cee.

Concurso de Achegamento ao libro

A Biblioteca Municipal “Don Francisco Mayán” do Concello de Cee organiza unha nova edición do Concurso Literario de “Achegamento ó Libro”. Seguindo co interese de fomentar a participación da mocidade no eido cultural e literario, e así mesmo, propiciar neles unha reflexión sobre o mundo dos libros e a lectura como fonte irrenunciable de pracer e de coñecemento.

Así, tódolos alumnos de Educación Primaria e Secundaria dos centros educativos da comarca. Os relatos, en galego, fomentarán a lectura e serán entregados antes do 20 de abril, para optar aos 5 premios de entre 40 e 70€ en vales para materia didáctico e libros a canxear en calquera das librerías do Concello.

A biblioteca quere facer público o recoñecemento á Imprenta Paco por editar de balde os marca-páxinas, así como á Asociación Neria, que colaborou con diverso material didáctico que permitiu crear na pasada edición máis accésits.

Novas relacionadas