Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos


Volve o poeta ceense Miro Villar á temática para cativos. E volve coa publicación do conto infantil rimado que intitulou "Rebelión na Charca". O conto fala dunha historia entre ras, sapos e píntegas, nunha charca onde pasan o día a xogar coma trasnos rebuldeiros. Porén, o sapo corredor ou corriqueiro, o máis fachendoso e presumido, e o sapo cunqueiro, o máis vaidoso, teñen moi mal perder. O conto é unha fábula sobre a prepotencia, a soberbia e os abusos do poder e, por suposto, procura ensinanza e ten final feliz.
A obra foi editada por Sotelo Blanco Edicións e xa comeza a chegar ás librarías da zona. Fai o número 13 da colección Bolboreta e as ilustracións son da autoría de Ana Santiso.
Aquí vai o inicio deste "Rebelión na charca":
Era unha vez un grupo de ras, sapos
e píntegas que estaban nunha charca,
día a día xogando cos seus papos,
desde o outono, cando a auga encharca
ata o verán, que secan ben os trapos.
Os anfibios, tal trasnos rebuldeiros,
xogaban e xogaban con moita orde
e con respecto polos compañeiros.
Nunca houbera a mínima desorde,
só querían xogar, non ser primeiros.
Máis información
Novas relacionadas
- A cultura muxiá resoa como a Pedra de Abalar.
- Muxía respostou na presentación de As Crebas.
- Un derroche de arte poético na vila da poesía.
- Un premio cheo de Arume para os versos piratas para nenos de Rafa Vilar.
- A bitácora da semana (CXLIV): As Crebas de Miro Villar. li>O mundo da cultura solidarízase con Miro Villar.
- A Feira do Libro de Cee en 1988, segundo Miro Villar.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).