O Concurso de Pintura de Cee internacionalízase

09:50 02/05/11

Moi boa a acollida do VIII Concurso de Pintura Concello de Cee. I é que foron moitas as propostas que chegaron dende fóra da bisbarra. De feito, o 1º premio foi para a vila de Monfarracinos (Zamora).O premio foi recollido o pasado sábado no Salón de Plenos do Concello de Cee. Mercedes Ballesteros López foi a que levou os 1.000€ de premio.
Ademais, o 1º accésit para O Temple-Cambre, nas mans de Ana Varela Ramos. O 2º accésit foi para Pascual Gimeno Montalar, de Massamagrell (Valencia). A exposición está aberta no Concello.
O xurado estába composto por pesos pesados da cultural ceense, como son Luís Guillermo Guerra, Víctor Castiñeira, Darío Areas, José Ramón Rey Senra e Juan Carlos Santabaya Louzán.
Novas relacionadas
- A mirada de 4 artistas dende Muxía.
- Concurso 2010: Cee premia os mellores cadros, relatos e marcapáxinas .
- Concurso 2009: Cee entrega os seus premios de pintura a artistas consolidados na Costa .
- Concurso 2008: Carmen Rivas Fraga gaña o V Concurso de Pintura do Concello de Cee.