Ponte de cogumelos
Será esta unha boa fin de semana para saír co cesto. Segundo o parte meteorolóxico de 4gotas a partir do mediodía do sábado non choverá, polo que domingo e luns serán bos días para saír de pesca montañesa.
En Galicia, pouco a pouco imos decatándonos dos tesouros que albergan os nosos bosques durante o outono. Outros países, e mesmo outras zonas do norte da península, fan verdadeiras industrias arredor dos boletus, dos níscalos… Aquí seguimos colleitando de xeito particular e seguimos regalando os que nos sobran aos nosos veciños e amigos. Ollo, iso que non cambie nunca, pero tamén deberíamos dar un salto en materia de venda.
Xornadas por toda a bisbarra
Para fomentar o amor polos cogumelos, están proliferando, como os propios protagonistas, as Xornadas Micolóxicas. Son 4, en Fisterra, Cee, Santa Comba e Zas, as que temos apuntadas polo de pronto, pero seguro que se arman máis ao longo da zona.
Esta fin de semana temos por exemplo as I Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra, que organizan os bravos compañeiros da Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo en Fisterra. Unhas xornadas que contan con especialistas de primeiro nivel nacional como José Manuel Castro Marcote, o noso colaborador ao que botamos de menos nas #FirmasQPC.
Un Marcote que nos ten falado da nosa gran riqueza na materia en innumerables ocasións, destacando por exemplo os Cogomelos de Coresma ou os Champiñóns. Pero tamén nos ten recordado que "coas cousas de morrer non se xoga", por exemplo coas Lepiotas mortais. Un Marcote co que temos reflexionado sobre quen son os donos dos cogomelos silvestres, e que ata nos fixo unha pequena guía para evitar posibles Intoxicación con cogomelos./p>
Máis Xornadas
Precisamente, a primeira fin de semana de novembro tocan as xornadas máis importantes da zona, tamén armadas por Pan de Raposo. As Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, preparan en Cee a súa 15ª edición, e o celebran enchendo por primeira vez a Casa da Cultura de cogomelos na súa sempre espectacular exposición, na que xuntan unhas 200 especias dos arredores.
Esa mesma primeira fin de semana de novembro, temos tamén outra cita interesante nas Xornadas Micolóxicas de Zas, organizadas polos veciños de Loroño.
Seguiranlle as Xornadas Micolóxicas Terra do Xallas, que arma o Concello de Santa Comba, e que combinan obradoiros con saídas e mesmo degustacións.
Así que xa saben, a disfrutar do mundo fungi, pero con sentidiño!
Vindeiras xornadas micolóxicas
- I Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra.
- Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte en Cee.
- Xornadas Micolóxicas Terra do Xallas.
- Xornadas Micolóxicas de Zas.
Xornadas Micolóxicas de Cee
- 2014: Pan de Raposo volveu convertir a Escola de Música de Cee nun verxel micolóxico.
- Xornadas 2013: A micoloxía segue convertíndose en tradición coas Xornadas de Pan de Raposo.
- 2012: Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo.
- Unha mirada micolóxica dende a Costa da Morte para Galicia.
Outras novas micolóxicas
- Cantares de Cego: Os alimentos salvaxes da Costa da Morte.
- Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.
- 500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte.
- Contra as fumigacións agresivas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Cogomelos de Coresma.
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).