500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte



Continuamos coas fins de semana micolóxicas en QPC. I é que chega o outono e cómpre saír ó monte a disfrutar do reino fungi no seu meirande esplendor. Pero ademais, seguimos decatándonos do potencial, natural e persoal, que temos na Costa da Morte na materia.
Xa coñecemos a un dos grandes coñecedores da zona, como é o ceense e colaborador desta José Manuel Castro Marcote. Pero ao seu carón, na Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo, tamén están outro par de figuras: o camellán Manuel Pose Carracedo e o fisterrán Chemi Traba Velay. Os 3 son os autores dun dos libros micolóxicos máis importante do país, como é o libro "Cogomelos de Galicia".
É tal o seu éxito que xa estaba esgotado dende 2008, polo que Edicións Cumio vén de poñer á venta a 4ª edición, desta volta nome "Setas de Galicia y del noroeste peninsular".
Esta obra é unha versión revisada, tanto no texto coma nas fotografías, e con todos os nomes científicos actualizados. Nela descríbense os 500 cogomelos máis comúns de Galicia e o noroeste peninsular, cuns textos amplos e acompañados de 600 fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie e elixindo os exemplares máis representativos. A obra complétase cunha sección gastronómica, na que se inclúen consellos sobre a preparación de conservas e licores e numerosas receitas gastronómicas.
Os autores costeiros tamén teñen publicada outra obra co título "500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular", que é a segunda parte deste traballo e se complementa, elevando o número de especies descritas a 1000.
Máis información
- Edicións Cumio: "Setas de Galicia y del noroeste peninsular".
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Novas micolóxicas
- As Xornadas Micolóxicas da Costa comezan en Vimianzo.
- Contra as fumigacións agresivas.
- Xornadas Micolóxicas 2011: A escaseza non impediu que Pan de Raposo xuntase máis de 100 cogumelos nas Xornadas Micolóxicas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
- Marcote presenta en casa o seu novo libro de cogumelos dunares.
- Xa está a venda a terceira edición de "Cogomelos de Galicia".
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).