Venres. 18.09.2020
El tiempo

Contra as fumigacións agresivas

Contra as fumigacións agresivas

Hoxe, a Plataforma contra as Fumigacións rexistrará na Xunta máis de 80.000 sinaturas en contra dos tratamentos aéreos con Flufenoxuron, un produto que prohibe usar a UE a partir do 1 de agosto de 2012 pola súa biotoxicidade e por ser bioacumulativo, pero que aínda se emprega en moitos montes do país e en moitos montes da Costa da Morte, como en breve comprobaremos con fotos de Francisco Santiago López.

Son varias as empresas que utilizan este tipo de pesticida contra o gorgullo do eucalípto, un voraz escaravello que impide un crecemento normal das árbores. . De feito, nas últimas datas. De feito, varias empresas da Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón, xa avisaron de que a súa intención de seguir con estas prácticas e mesmo aumentala

Así tamén as comunidades micolóxicas están preocupadas pola destrución da biodiversidade, e o propio José Manuel Marcote, colaborador micolóxico de QPC, nos achegaba a denuncia da propia Federación Galega de Micoloxía.
I é que os fungos, especialmente os micorrízicos, son sensibles á presenza de insecticidas e outros biocidas no medio, podendo ver alterado o seu crecemento e/ou absorber estas sustancias, sustancias que logo tenden a bioacumularse como residuos nos corpos frutíferos (cogomelos), que despois van ser consumidos por animais ou polo home. Unha demostración do efecto da bioacumulación

Máis información

comentarios