Ramón Vigo: "Eu sempre din a cara"

Ramon Vigo presenta o seu libro "Unha Sinfonía desafinada"
  • "Un proceso xudicial como o da Orquesta é como para borrarte do mapa político".
  • "Escoitaron unhas conversas e sacaron un sumario".

Da primeira vez que falei con Ramón Vigo xa van dous anos. Regresaba eu de facerlle unha entrevista a Roberto Traba para o, por aquel entonces, coñecido programa de radio “Que les, Corcubión” que presentaba xunto con Isa Soneira tódalas semanas en Radio Neria. Era verano. Ao atopalo, saudeino, conteille de onde víñamos e, xa de paso, aproveitei a ocasión para invitalo a ser o seguinte participante. Creo recordar que dixo que sí, pero que había que deixalo para máis adiante posto que estaba a rematar un libro do que aínda non podía dar noticia. Eu, por motivos que agora non compre explicar, abandoei a emisora Radio Neria e a cousa con Ramón quedou así, en pausa e ata o punto de chegar, pola miña parte, a caerno olvido. Fai quince días voltei a coincidir con el; ambos acudíamos a dúas comidas distintas no mesmo restaurante. Os meus acompañantes, algúns deles veciños de Cee, dixéronme que estaba de santo e achegueime a súa mesa, dunha vez que tiven que saír do comedor, para felicitalo. Comentoume que o seu libro xa estaba listo e publicado en diversas plataformas cibernéticas. Comenteille que non sabía nada e, lodo de explicarlle o da miña saída de Radio Neria, propúxenlle facer a entrevista para este medio no que escribo. Aceptou e quedamos en falar por teléfono para concretar. O encontro deuse a pasada semana nunha cafetería ceense. Nela, agardaban Ramón e a súa muller, Pili. Tras os saúdos propios, quedamos sós e comezou a conversa.

  • Ramón, rematas o libro en Xulio do 2023, pero ate que o publicas pasan dous anos. Como foi o proceso de publicación?

Tardo tanto tempo por varios motivos. Unha, porque quixemos dar co prologuista axeitado, unha persoa que non estivese significada, e ao final conseguino. Unha persoa que ademáis a coñecín durante a miña etapa como teniente alcalde durante catro anos no Concello cando o convidei a participar dunha mesa redonda na que se tratou un tema do que se falaba moito naqueles días - “El futuro del nacionalismo moderado en Galicia”-, co motivo do vicentenario do nacemento de Fernando Blanco. Aquel día coicidíu que na cea que fixemos sentouse ao meu lado e estivemos falando toda a noite, el era un gran conversador. Tempo máis tarde propúxenlle que me fixera o prólogo deste libro.

A parte diso, eu creo que cometín un erro. Cando firmo coa editorial colgo a nova nas redes sociais; xenerei unha expectativa na xente cando a editorial aínda tardaría en arrancar o proceso de edición seis meses.
A tarefa dos últimos meses foi a de atopar quen mo presentara. Eu quería buscar un presentador que, primero, non tivera moita vinculación cos medios periodísticos, porque realmente non os deixo moi ben no libro, e iso foi o que máis me custou. Paralelamente, a editorial díxome que ía a sacar o libro en diversas plataformas.

  • Hai data de presentación?

A idea é que sexa o antes posible, neste trimestre sen lugar a dúbidas. Ese día tamén se venderán libros no acto e apartir de aí tamén se comercializarán en catro mil duascentas librerías de toda España.

  • Ou sexa, que vai a ter unha tirada amplia.

Bueno, progresivamente. Iso é o que se espera. Eu sou un escritor novel e as editorias están, loxicamente, á expectativa. En concreto, Universo de Letras, que é a que editou o libro cun selo de autoedición de Planeta. Eles mesmos propuxéronme unha precuela e unha secuela deste libro. Da precuela xa teño algo escrito que pode encaixar perfectamente co que conto neste libro.

  •  Por que decidiches titulalo así?

A policía sempre lle dá nome aos casos, normalmente eses nomes teñen relación co tema en cuestión. Neste, en concreto, un axente artístico implicado. Como parte da motivación que expoñía a policía era a vinculación coas Festas da Xunqueira, chamáronlle “Orquesta”. Utilizando o mesmo simil, e como saeu todo francamente mal, como dixen dende un principio, púxenlle “Unha sinfonía desafinada”.

  • Como se leva ser o centro do chismorreo local?

Cando un se mete en política ten que saber que a percepción que ten a xente del vai a cambiar. Eu metinme novo, tiña trinta anos, pero convencido. Ademáis cando un se mete en política aparécenlle automáticamente enimigos, realmente son adversarios, pero algún convertese en enimigo. Todos falan do que un fai. Pero iso foi dende un principio e logo, na “Orquesta”, no ía a ser distinto.

En xeral, en relación a este último tema, estou bastante satisfeito porque cando un ten unha imaxe afastada do que se di no procedemento xudicial, realmente, o pobo responde satisfatoriamente. A acollida que tiven por parte do pobo foi máis de apoio e cariño ca do contrario. Evidentemente había factores interesados que utilizaron o tema para intentar, non minusvalorarme, pero sí facerme máis pequeno politicamente. Entonces por iso a “Orquesta”, conmigo, non funcionou. De feito, tres meses despois de estar dúas noites metido no calabozo, gañei as elecións - xa que o xogo político permitía que eu esixira ser alcade -.

  • Cres que este proceso que tiveches reforzou a túa imaxe de maneira positiva en contra do que se poida pensar?

Iso non o sei exactamente. Había unhas enquisas que pedían os demáis partidos, eu conservo unha, onde apuntaban todas a unha maioría absoluta pola miña parte nas eleccións daquel maio de 2011.
Iso non foi así, pois parecía que podería sacar 6 ou 7 e acabei sacando 5. Dende logo un proceso xudicial como o do caso “Orquesta“, é como para borrarte do mapa político.

  • No libro sinalas a altas esferas do PSOE coma os causantes de todo isto.

Digamos que apunto, pero non disparo. O que fago é por de manifesto unha serie de feitos que aconteceron así e deixo que o lector saque as súas propias conclusións. Eu lanzo cuestións que pasaron, e sobre iso, que a xente saque as súas conlusións. Eu teño as miñas.
De todos os imputados fun o que máis se prodigou nos medios durante esos 8 anos tremedos. Eu sempre din a cara. Lembro un titular moi chamativo: “Ao alcalde de Cee lle pedirán 30 anos de cárcere” cando só había un auto no que nos implicaban 6 delitos, entre eles un delito fiscal, o máis sorprendente, porque iso implicaba defraudar máis de 120.000 cando era imposible que cunhas festas da Xunqueira, que era o que se investigaba, apenas podían chegar a xerar un impacto económico 160-180.000 en total. Cometeron un erro, porque non contemplaban a redución de penas. Non se suman tódalas penas máximas que se piden, en realidade. Varios anos despois xa non eran tantos anos, xa todo quedou en nada.
O tema é que aquí non houbo investigación. Escoitaron unhas conversas e con iso sacaron un sumario.

  • Sentícheste maltratado pola prensa?

Si, pero tampouco creo que fora xeral. Si que, no caso concreto da antiga Cadena Ser, tiña unha animadversión cara a miña persoa, se cadra porque fun máis belixerante ca outros a hora de plegarme ás súas presións publicitarias. Co resto, non. De feito, en xeral, eu mantiña unha boa relación por exemplo co xefe da redacción da Voz de Carballo, Ameixeiras. Con el teño unha boa relación dende sempre. De feito, Eduardo Eiroa, que estaba na Voz en Cee, incluso o día anterior da moción de censura estivo na miña casa. Compartimos unha botella de champán, e ata me dixo “non cres que se cadra che fan un favor? Agora non tes unha maioría de goberno, agora non vas ter as inversións que tiveches no mandato anterior…” E efectivamente foi así, 3 anos despois recuperéi a alcaldía, e non estando nunha boa situación, precisamente, porque atopábame ingresado no hospital despoís de sufrir un ictus.

  • Eses sucesivos triunfos políticos dos que falas axudáronche a calar bocas?

Home, si. Pero eu penso que as bocas que se abriron podíanse abrir igual porque a motivación para abrirlas non foi a creencia de que eu fixera algo ilícito se non o interés por eliminarme da vida política. Pero a inmensa maioría da poboación estaba ao meu lado.

  • Sinalas no libro, nomeas, que unha figura clave para “quitarte do medio”, como dis, foi o xuíz Lago Louro. Es duro con el no libro, non te cortas. Hai unha escea que me parece graciosa. Tal e como a transmites no libro é case cómica. Trátase da primeira vez que rexistran o teu domicilio. Nese rexistro, o xuíz, ao remexer nas camisas, síntese sorprendido cando atopa unhas da marca Carolina Herrera… Parece un pouco como de comedia, non?

A verdade é que o rexistro foi un pouco surrealista. A min o que máis me chamou a atención, de feito Carlos Mella fai referencia sobre isto no prólogo do libro, foi que o único que levararan da miña casa fora o resguardo do contrato de Canal Plus que estaba no caixón. Non sei moi ven por que o levaron. O caso é que para iso necesitaron unha caixa na que podía entrar, tranquilamente, un aparato de vídeo dos antigos. Claro que nos medios saíu unha imaxe desa caixa cun pé de foto que poñía: “La policía sale con una caja de documentos de la casa del alcalde”. Moi chamativo. Co xuíz pódese ver que son duro, pero non porque lle impute ninguna actuación punible, non teño
esa capacidade, pero vexo que hai unha serie de actuacións que, despois, outras estancias xudiciais lle afearon.

  • Non volveches a ter contacto con el ?

Non, porque cando fixo o auto de inicio de procedimiento abreviado marchou xa de Cee. El digamos que xa tiña o ascenso á maxistratura listo, e marchou para Santiago. Non é que lle perdera a pista, porque despois tivo algún caso coñecido e foi accedendo a unha serie de cargos que o fixeron saír nos medios de comunicación e entereime. Pero, persoalmente, nunca.

  • A min quedoume algunha dúbida. Imos falar de varios nomes, pero hai unha persoa que a que te refires cun psudónimo. “Chispitas”. Quen hai debaixo dese pseudónimo?

Ese era un policía. A este si que o vin unha vez na cafetería do Corte Inglés da Coruña, e lle torcín a cara, porque non me interesa nada. Pois, se ben o policía que me acompañou a Lonzas tratoume normal - era unha persoa agradable -, a actitude deste señor era moi chamativa.
Por exemplo, cando nos ían sacar dos Xulgados cara Lonzas, o Secretario do Xulgado fixo un comentario sobre a cantidade de prensa que había na porta, e “Chispitas“ dixo: “eso está bien, eso está bien”. Como que está ben? Non está ben nin mal! Por que se preocupa diso?

  • Cres que a difusión publica foi provocada?

É evidente que hai unha escenificación de todo o proceso. Moita xente que saía ás sete da mañá para traballar e veu aquel despliegue chaumoúlles a atención. Tal despliegue parecía propio dunha operación antidroga. Para deter a un alcalde, para levarse documentación do Concello, chega cunha orde do xuíz onde o cite no Xuzgado, pódese facer sen necesidade de todo o espectáculo que houbo.
Fora con intención ou sen ela, durante todo o proceso, o espectáculo estuvo aí. Nas saídas dos xuzgados, por exemplo. Pero o curisoso é que nese escenario, en vez de haber os típicos abucheos, houbo ánimos cara a miña persoa.

  • Imaxino que a estas alturas faría balance. Non se se arrepinte de algo, porque supoño que todo isto pasou unha factura persoal. Valeu a pena?

Home, a ver, non é prato de gusto. Estas cuestións sempre afectan. A verdade é que eu leveino francamente ben, houbo un compañeiro alcalde que o levou francamente mal… Pero si que houbo unha repercusión que afectou a familia, miña nai, os fillos que eran adolescentes…
A nivel persoal eu non sei se todo o que me pasa ten relación con esa etapa da miña vida. Eu son moi de ciencias e busco sempre en todos os males que un ten unha orixe científica. Non deixo de lado a vertiente psicológixa, claro, que tamén influe. Pero bueno, cousas de saúde que pasaron anos despois, tiveron que ver con ese tema? Pois pode ser, pero tamén pode ser por outras tipo de alteracións as que tiña tendencia; porque a miña xenética non é a mellor do mundo.

En canto a se me valu a pena... Eu penso que si, porque eu fixen política por unha sinxela razón que conto moito - a última, cando fixemos o pregón compartido polas Festas da Xunqueira -. Con 13 anos, tomando pipas na Alameda cuns amigos e falando de se ese ano habería cabalgata de Reis ou non - porque non as había sempre - decateime de que para facer as cousas que un considera importantes tes que estar onde se deciden que se fagan ou non. Iso, no caso dos concellos, ocorre no goberno municipal ou, a nivel de proposta, no pleno da corporación. E dende aí sempre me gustou a política, logo chegou un momento no que se me brindou a oportunidade de entrar, primeiro de concelleiro e logo, moitos anos, como alcalde. Estou moi satisfeito. Non puiden facer todo o que me gustaría, pero si estou contento.

  •  Lendo o libro dá a entender que fuches capaz de resistir de forma estoica todo este proceso. Pero gustaría saber como o vivíu a túa familia en segunda liña.

A familia máis próxima, a verdade, é que non tiveron grandes problemas. Apoiáronme moito facéndolle fronte. Miña nai si que o pasou mal. Teño a pena de que faleceu antes de que poidera verme absolto. No ámbito da amizade, moitos amigos e compañeiros de profesión, preguntáronme polo tema. Pero moi ao principio.
A verdade é que queda un mal recordo, non é unha cousa agradable. Estar no calabozo… O habitáculo non é unha cousa doutro mundo, fun interno de neno no Manuela e digamos que estou afeito a comer en escudillas de metal. Pero no calabozo sintes un ambiente moi hostil, un ambiente de delincuencia que non ten nada que ver con túa vida.

  • Para ir rematando. Ti nomeas a unha serie de xente ao longo do relato, cada cal no seu papel. Gustaríame pronunciar 3 ou 4 nomes e que me dixeras o que a ti che evocan en relación co que contas no libro: Manuel Lamela, por exemplo.

De Manuel Lamela sorpréndeme varias cuestións. A primeira non ten nada que ver con el. El formaba parte da mesa de contratación porque era o terceiro tenente de alcalde e concelleiro delegado de obras públicas urbanas e servizos. Pois dos que formábamos a mesa de contratación foi o único que non foi imputou polo xuíz. A min chámame a atención. É sorprendente.
Outra circunstancia, que eu me entero a través do presidente da Deputación - co que teño unha gran relación persoal despois de moitas inauguracións e demáis colaboracións entre administracións - de que cando este lle comenta a Lamela a intención de captarme para a candidatura do PSOE nas eleccións municipais de 2011, Luis lle dixo algo moi significativo a cerca de que existían uns dosieres de que me implicaban en temas xudiciais. Salvador díxolle que si realmente creía que eu era un corrupto o que tiña que facer era denunciarme e non dicirllo a el. A cousa quedou ahí. Pero aquí o significativo é que él - Manuel Lámela- tivese infirmación de que eu estivera sendo investigado, cando iso tería que estar baixo segredo de sumario. Él non debería de ter esa información.

E despois, unha que si que vivín eu, foi cando o vin no seu despacho, nunha ocasión na que eu me dirixía cara o meu, rompendo papeis cunha actitude compulsiva que me chamou a atención. Agora non sei se pasándoos pola trituradora ou tirándoos a papeleira directamente. Non ten por que signficar nada negativo con respecto ao caso, pero si é chamativo que acontecese nese mesmo espazo de tempo.

  • Seguindo a liña dinástica, e tamén porque aparece nas túas páxinas: Margarita Lamela.

Margarita, o único tema que hai, é cando pasou todo o do rexistro, tres ou catro persoas escoitarona dicir que ela xa o esperaba pero que non tan pronto. Hai varias formas de interpretar isto. Puido dicir que o esperaba porque ela considerase que a miña actitude podía ser tendente a cometer algún tipo de tropelía. Pero ao engadir o de “pero no tan pronto” pode dar a entender que ela xa tiña información do que se ía a producir. É simplemente unha reflexión, tampouco estou a dicir que sexa así.

  • Tamén aparece citado Daniel Oca.

Daniel aparece sobre todo polas súas manifestacións en prensa dando por sentado que eu era un delincuente; o mesmo que fixeron os medios de comunicación. Aproveitouno politicamente, de feito uns meses despois de saltar todo, en maio de 2011, consegue o mellor resultado do BNG en Cee da súa historia. El saíu reforzado, a pesar de que despois, na moción de censura de 2012, lle dá a alcaldía ao PP, algo inhabitual. Polo demáis, Dani Oca, non ten ningún tipo de protagonista na obra máis alá das súas declaracións.

  • E que me dis de Pepe Formoso, tamén aparece.

Bueno, xa dixe antes que o seu medio tivo un actitude moi agresiva contra min, de feito, publica na Cadena Ser, case diariamente, as conversas telefónicas en forma de parodia. Intentou apartarme da política, pero non foi así. Non teño relación con él. Só sei que é un home que pasa pola calle de vez en cando en pantalóns cortos, pero nada máis.

  • E de Que pasa na Costa?

Bueno, ese foi un deses medios que daba novas en función dos autos da Fiscalía, sen emitir xuízos. Pero creo que nunca tiven unha mala relación con eles, mesmo tivemos unha completa entrevista en 2012, e cando organizaron os debates públicos, con Safa de presentación, sempre nos invitaron, aínda que é certo que non fun no 2015 porque estaba ingresado, e tampouco ao de 2019, porque tiña aunha sensación de que non se ía a debatir, aínda que despois si que vin en 2023 que foi un debate moi interesante.

• Como ves na actualidade o Concello de Cee?

O que máis lle critico é a actitude que ten a alcaldesa cos grupos da oposición. Ela vai para adiante con todo, cunha actitude despótica, carente de todo tipo de valores democráticos. Xa sabemos que o goberno goberna e a oposición cuestiona, pero a participación ten que ser unha premisa. Vexo ademais demasiada propaganda, demasiada foto diaria por calquera cuestión nimia. Bueno, é unha forma de facer as cousas. Pero tamén lle dixen que ten que pensar que se poden perder a maioría absoluta e a alcaldía por 3 votos, como lle pasou ao seu pai, que no 87 perdeu a absoluta por 3 votos e, como tiña xerada unha animadversión por parte dos grupos da oposición, isto posibilitou que no 87, Alianza Popular e o BNG se xuntasen para darlle a alcaldía a Manuel Castro, de CDS. Con isto quero dicir que a historia está aí para ver e para aprender.

  • Darías algún consello á alcaldesa?

Fundamentalmente que sexa consciente de que un alcalde debe ser sempre respectuoso coa oposición e con todas as persoas que forman unha corporación ou un equipo. Que se fixe como a trataba eu cando era concelleira opositora. Eu sempre a tratei coa dignidade coa que penso que debe de se tratar a un concelleiro da oposición, porque tamén representa ao pobo de Cee.

  • Quedaches a gusto escribindo o libro?

Pois si, a verdade. Levou o seu tempo e o seu traballo - teño a reproducción de tódalas escoitas telefónicas, un pen drive cos miles de folios da causa, todos os recortes de prensa que facían referencia a ela, grabacións de programas de radio…-. Hai un traballo recopilatorio grande de fondo. Pero tamén hai un relato persoal, e ese relato persoal é unha historia real que reescribo do que teño fixado na miña mente e na miña memoria. Hai partes ademais que teñen un ton humorístico, tal e como son eu, que ás veces uso como arma defensiva. Moitas veces isto fíxose que non se me entendera en moitos momentos, pero bueno.

  • • E dando esta entrevista?

Pois tamén, gustoume a conversa, o que plantexaches... No fondo, non nos enganemos, se un ven a falar do “meu libro”, que diría Paco Umbral, é lóxico que as preguntas fosen por aí.

 

Outras novas