Luns. 07.10.2024
El tiempo

Así foi o debate público de Cee

Debate en Cee QPC 2023
O moderador Mohamed Safa, xunto con Jesús Picallo (PP), Pilar Iglesias (IxCee) e Serxio Domínguez (BNG) xusto antes de comezar o debate.
Así foi o debate público de Cee

Acolleu ea Casa da Cultura de Cee na tarde deste martes 16 de maio, unha verdadeiro exercicio de democracia. O equipo de Quepasanacosta xunto co gran impulsor desta iniciativa Mohamed Safa, agradecemos o compromiso dos 3 candidat@s que se brindaron a participar, a dar a cara ante a súa veciñanza (unhas 200 persoas estiveron presentes), nun acto que pretende “normalizar a confrontación de ideas”.

Precisamente por aí arrincou o debate o oftalmólogo palestino afincado na comarca. Safa falou con claridade: “non me fales de democracia; fai democracia, participa na democracia”, ademais de dar a súa opinión sobre os verdadeiros valores que debe ter unha persoa que aspire a ter liderazgo: “ser querido e respectado; ser humano e cercano; ser honesto e saber xestionar; e sobre todo, a tecnoloxía máis avanzada que ten o ser humano: saber escoitar”.

Safa foi dando paso aos candidatos, que foron debullando as doenzas das que carece Cee, os proxectos máis necesarios, ou as marabillas das que cren que podemos fachendear. O ton e o talante dos candidat@s foi exemplar, chocando coa crispación municipal que existe nos plenos. Os 3 tiveron palabras para a candidata ausente á que culparon de convertir a política nun “comigo ou contra min”, na que a falta de diálogo e a confrontación continúa con continuas. Despois do viso hoxe, semella que o ambiente nos plenos da vindeira lexislatura poderían cambiar sustancialmente.

Debate en Cee QPC 2023 2
Unhas 200 persoas asistiron ao debate

A candidata de IxCee, Pilar Iglesias fixo moito fincapé no “Centro de Día, Centro de Día, Centro de Día”, como a súa gran demanda e proxecto, poñendo en valor a súa experiencia no sector dos servizos sociais. Destacou que Cee é o primeiro lugar do Camiño dende onde se ve o mar, e que hai que potencialo. Prometeu a creación dunha oficina municipal de emprego; incluir a vila na rede de Slow Cityes, ou coidar e poñer en valor tesouros naturais e turísticos como as praias de Estorde, Lires e Gures.

Jesús Picallo, o novo candidato do PP, puxo o foco na economía, na posibilidade de dar facilidades ás empresas a que se instalen no Concello, criticando, como os compañeir@s de mesa, as trabas burocráticas que o actual grupo de goberno está a crear sobre todo nos hostaleiros da economía. Falou da necesidade de crear a Variante de Brens para dinamizar o porto; prometeu unha residencia de maiores de 100 prazas e 40 postos de traballo e propuxo un Cee como o centro cultural e de concertos de toda a Costa da Morte. Ademais, no canto de falar dos recortes en sanidade, preferiu falar da posible ampliación do Hospital, ou do Servizo de Axuda no Fogar. Unha das necesidades básicas de toda a comarca que puxo enriba da mesa foi a creación dun ciclo de FP Dual de Hostalería.

Foi Serxio Domínguez, candidato por terceira do BNG, o máis ácedo, criticando o retroceso democrático vivido nesta última lexislatura; as trabas ao ocio nocturno que obrigan á mocidade a ter que coller o coche e marchar a outros concellos; o os eternos recortes en sanidade, a falta de compromiso da Xunta popular coa Autovía. Deixou claro que o concello sen industria non pode subsistir, fixo unha serie de preguntas para manter a actividade cultural durante todo o ano creando un Festival de Rock “Alan Louzán” ou unha festa temática como o Asalto ou o Mercado Medieval arredor da invasión francesa de 1809, ademais de recuperar a Mostra de Teatro, unha idea que trouxeron tamén os rivais políticos presentes.

Comentarios