A rexedora de Cee destitúe á súa concelleira de Servizos Sociais

Margarita Lamela e Emilia Trillo nun evento na Casa da Cultura de Cee

O pleno deste venres 27 de marzo en Cee terá como un dos puntos da orde do día unha modificación orgánica da corporación. A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, a través dunha resolución, levará ao pleno a subtitución da Primeira Tenente de Alcaldesa e Concelleira Delegada de Servizos Sociais, Benestar Social, Sanidade e Igualdade. Emilia Trillo, que xa leva tempo sen realizar representacións municipais, deixará de exercer as funcións como edil.

A súa substituta será Maria Luisa Rodríguez Riveiro, ata agora Terceira Tenente de alcaldesa, Concelleira Delegada de Cultura, Educación, Turismo e Participación Cidadá. A concellería de Cultura será asumida pola propia rexedora.

A proposta da alcaldía inclúe un aumento da dedicación da nova Concelleira de Servizos Sociais, que pasa a ter unha dedicación do 75% a razón de 22.000€ anuais.

Máis novas