venres. 17.04.2026
El tiempo

A pleno a substitución da edil de Servizos Sociais en Cee

Margarita Lamela e Emilia Trillo nun evento na Casa da Cultura de Cee
Margarita Lamela e Emilia Trillo nun evento na Casa da Cultura de Cee
A pleno a substitución da edil de Servizos Sociais en Cee

O pleno deste venres 27 de marzo en Cee terá como un dos puntos da orde do día unha modificación orgánica da corporación. A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, a través dunha resolución, levará ao pleno a subtitución da Primeira Tenente de Alcaldesa e Concelleira Delegada de Servizos Sociais, Benestar Social, Sanidade e Igualdade. Emilia Trillo deixará de exercer as funcións como edil. A propia Trillo asegura nas redes sociais que "foi unha dimisión por asuntos persoais" e que seguirá colaborando na área.

A súa substituta será Maria Luisa Rodríguez Riveiro, ata agora Terceira Tenente de alcaldesa, Concelleira Delegada de Cultura, Educación, Turismo e Participación Cidadá. A concellería de Cultura será asumida pola propia rexedora.

Máis novas

Comentarios