“Espero que esta sentenza lle recorde á alcaldesa que nos ten que escoitar con respecto”
Coñecíase estes días a sentenza que Xulgado da Coruña emitía anulando a expulsión que a alcaldesa de Cee exercera sobre a concelleira Pilar Iglesias no pleno do 9 de decembro de 2022. A edil recurrira ante a xustiza aquela expulsión ao considerala unha decisión desproporcionada e ilegal, e a maxistrada do caso vén de darlle a razón, anulando a expulsión que calilfica de “decisión desproporcionada que coarta o dereito de participación na xestión pública” e impoñendo as costas do proceso á Margarita Lamela.
”É vitoria moral, porque é certo non altera nada o sentido da votación, que xa estaba anulada, pero a alcalesa segue tratando con displicencia aos membros da oposición, e penso que temos que falar sempre dende o respecto no pleno. Espero que esta decisión sexa boa para a política de Cee, e que lle volva recordar que ten que escoitar con respecto”, sinala satisfeita Iglesias.
Aquel día o grupo de goberno quería sacar adiante os Orzamentos de 2023. A rexedora facía unha primeira chamada de atención a Iglesias, e pouco despois a expulsa do pleno sen que houbese unha segunda nin unha terceira chamada de atención, e ademais por dous temas diferentes. Nese momento, a edil Camola Freire saía do pleno, e a rexedora aproveitaba para lanzar a votación cando quedaban dentro 5 edís do goberno e 5 da oposición, e crendo que o seu voto de calidade sería suficiente.
Pero como ben dixo a secretaria, o artigo do ROF obriga a realizar unha segunda votación para que o voto de calidade sexa efectivo, pero a rexedora, levantaba a sesión, esquecendo que quedaba unha moción, e crendo, erroneamente, que tiña os orzamentos aprobados.
Así, malia que a votación xa quedara anulada no seu día por este erro de procedemento, a xustiza anula a expulsión da edila, e lle lembra que nos plenos todos os edís forman parte da corporación por igual. Con todo, a sentenza non é firme se se pode presentar recurso.