Stoupa e Egueire presentan a exposición de Mimi La Bish
23 de xuño de 2022 (07:34 h.)
Xa leva unhas semanas montada, pero a familia da Galería Stoupa quere facer o acto de inauguración. Falamos da exposición da artesá marfileña Mimi La Bish, que está na comarca da man da ONG Egueire.
Unha exposición que, como a propia ONG, viaxa “De Costa a Costa”, de Costa de Marfil á Costa da Morte, cunha marea de colorido e arte.
A festa de inauguración, un deses actos de xuntanza do mundo da cultura costeira, será o sábado 21 de xuño ás 21:00h.
Novas relacionadas
- Maio 2022: A Galería Stoupa acolle, xunto Egueire, a exposición de Mimi La Bish.
- Xullo 21: 5 anos Stoupando a cultura da Costa da Morte.
- O proxecto agropecuario de Egueire en Costa de Marfil xa dá os seus froitos.