Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Galería Stoupa acolle, xunto Egueire, a exposición de Mimi La Bish

Stoupa expo Mimi La Bish
A Galería Stoupa acolle, xunto Egueire, a exposición de Mimi La Bish

Fermosa colaboración a que nace este mes entre a galería Stoupa e a ONG Egueire. Un dos grandes focos de dinamización cultural da comarca de Fisterra, e a entidade social (que tende pontes entre a Costa da Morte e Costa de Marfil) que mellor traballa en materia de axuda humanitaria unen forzas para visibilizar a necesidade de volcarse cos máis necesitados.

Desta volta, a galería ceense acolle, ata finais do mes de xuño, a exposición de Mimi La Bish. A a artesá marfileña amosará os seus deseños na Mostra do Encaixe de Camariñas deste ano, a colección Pangea, integrando o encaixe de bolillos camariñán nos traxes cerimoniais e máscaras de diferentes etnias do pais africano, coa intención de visibilizar os diferentes traballos artesáns.

Mimi La Bish é unha artesá e deseñadora orixinaria de Gagnoa (Costa de Marfil). Desde que terminou os seus estudos en André Malraux, desenvolve a súa carreira profesional como artesá ata que en 1999 ,comeza a debuxar e deseñar as súas pezas de bixutería, fusionando bronces e materiais tradicionais en creacións innovadoras e cargadas de simbolismo.
É a fundadora de Mimi et sus Perles e ten a súa atelier no centro artesanal de La Cava na cidade de Abidyán.

A mostra #DeCostaACosta poderá visitarse ata finais do mes de xuño de martes a sábado en horario de mañá ou con cita previa, a calquera día e hora, chamando ao teléfono 661436483 ou na web www.stoupa.gal.

Stoupa expo Mimi La Bish 2

Novas relacionadas

Comentarios