Stoupa e Egueire presentan a exposición de Mimi La Bish

07:34 23/06/22
Xa leva unhas semanas montada, pero a familia da Galería Stoupa quere facer o acto de inauguración. Falamos da exposición da artesá marfileña Mimi La Bish, que está na comarca da man da ONG Egueire.
Unha exposición que, como a propia ONG, viaxa “De Costa a Costa”, de Costa de Marfil á Costa da Morte, cunha marea de colorido e arte.
A festa de inauguración, un deses actos de xuntanza do mundo da cultura costeira, será o sábado 21 de xuño ás 21:00h.