Sufocan un incendio a tempo no edificio de APEM
07 de outubro de 2021 (22:24 h.)
Noi foi a máis pero a familia de APEM levou un pequeno susto esta tarde de xoves, cando arredor das 17:00h comezaron a notar moito fume saíndo pola caldeira. Un participar alertou ao 112, que enviou de contado aos Bombeiros de Cee mentres as responsables desaloxaban o edificio.
Pronto conseguiron apagalo cun extintor, mesmo antes da chegada dos Bombeiros, que procederon a ventilar o edificio e comprobar que a situación estaba controlada.