Talía Teatro presenta en Cee o seu novo espectáculo

Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez e Dani Trillo en Un Deus Salvaxe

O venres 28 estreará a obra na casa, pero antes, a compañía da Costa da Morte, quere presentala con honores. Este martes 25, as 11:00h Talía Teatro realizará a presentación na Casa da Cultura do novo espectáculo “Un Deus Salvaxe”.

Realizará unha rolda de prensa desta obra de Yasmina Reza, adaptada cunha montaxe dirixida por Artur Trillo e interpretada por María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais, onde debullarán os segredos da obra. O espectáculo conta coa axuda á creación escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) na modalidade Plurianual, e conta cun elenco inmellorable, xa que cómpre lembrar que Marta Lado e Toño Casais veñen de recibir os premios María Casares a Mellor actriz protagonista e Mellor actor secundario, pola súa interpretación no premiado espectáculo “Unha inimiga do pobo”.

A estrea do espectáculo terá, como dicimos, terá lugar o venres 28 de febreiro e sábado 1 de marzo ás 20:30 h na Casa da Cultura de Cee. Despois pasará o venres 7 de marzo por Bertamiráns, o venres 14 por Carballo, o sábado 15 por Vimianzo e o venres 21 pola Coruña, ademais doutras vilas como Ames, Compostela, Oleiros e Ourense.

Máis novas