mércores. 30.04.2025
El tiempo

“Bicos con Lingua”, a obra que 20 anos e 400 representacións despois, segue sendo máis que necesaria

Tono Casais e Artur Trillo n Bicos con Lingua en Brens 2024
“Bicos con Lingua”, a obra que 20 anos e 400 representacións despois, segue sendo máis que necesaria

Rescataba a ASDC Brens unha das obras máis simbólicas e representadas da historia vixente do teatro galego. A Casa da Cultura de Brens acololía este pasado sábado a representación de “Bicos con Lingu”, obra estreada 2003 por Talía Teatro, que leva máis de 400 representacións (hai tempo que deixaron de contalas) por todo o país.

Toño Casais e Artur Trillo volveron encher a Casa da Cultura de Brens (máis de 100 persoas achegáronse a ver a obra, quedando mesmo xente sen cadeiras) facendo ademais as delicias dos “actorazos”. “Unha gozada cando a facemos para público xeral, porque maioría son para escolares, e cando facemos unha destas é moito máis agradecida” recoñece Casais.

Artur Trillo e Tono Casais en Bicos con Lingua en Brens 2024

Quedou demostrado que en Brens gusta e moito o teatro, pero tamén quedou demostrada a necesidade de pelexar pola nosa lingua, pois a obra está máis vixente que nunca. “Desgraciadamente segue a ter moito sentido, e máis despois do informe publicado esta semana pasada, que recolle que o galego xa non é a lingua predominante en Galicia”, lamenta Casais. Un informe, por certo, que recoñece que o principal motor de cambio do galego ao castelán está no eido escolar, non no eido familiar.

Con todo, dende Brens xa pensan nas seguintes citas, que poderían ser as obras que completan a triloxía, Pelos na Lingua e a Palabra do Angazo.

Máis novas

Comentarios