O temporal tira co abeto grego centenario do IES Fernando Blanco
17 de outubro de 2023 (20:25 h.)
A Alerta Laranxa activada para este martes no litoral costeiro cobrouse unha vida, a do Abeto Grego Centenario do IES e a Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee.
Afortunadamente non caeu en horario escolar e non houbo que lamentar danos persoais, pero si caeu e derribou boa parte do muro da pista polideportiva da entrada.
Unha gran perda do fabuloso botánico do Instituto ceense.