Un poema de Rocío Leira gaña o certame de poesía da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi

Rocío Leira resultou gañadora coa súa obra "Ás sempre en punto" Novo éxito para a ceense Rocío Leira pouco despois de que saíese a luz o seu último libro "Obituario" . Nesta ocasión, resultou a gañado do XVI Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" - convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi - co seu poema "Ás sempre en punto". Na obra, Rocío Leira aborda a situación de desesperanza e fastío dos mozos sen traballo e as "súas perspectivas ante o non-futuro que parece agardar por eles", indica a autora. A entrega do galardón tivo lugar a pasada fin de semana en Bilbao dentro dos actos do Día de Galicia en Euskadi. A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XVI Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" para obras escritas en lingua galega. O premio foi de 600 € para a obra gañadora e 150 € para a segunda clasificada.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)