Un poema de Rocío Leira gaña o certame de poesía da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
08:15 22/06/16
Rocío Leira resultou gañadora coa súa obra "Ás sempre en punto"
Novo éxito para a ceense Rocío Leira pouco despois de que saíese a luz o seu último libro "Obituario" . Nesta ocasión, resultou a gañado do XVI Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" - convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi - co seu poema "Ás sempre en punto".
Na obra, Rocío Leira aborda a situación de desesperanza e fastío dos mozos sen traballo e as "súas perspectivas ante o non-futuro que parece agardar por eles", indica a autora. A entrega do galardón tivo lugar a pasada fin de semana en Bilbao dentro dos actos do Día de Galicia en Euskadi.
A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XVI Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" para obras escritas en lingua galega. O premio foi de 600 € para a obra gañadora e 150 € para a segunda clasificada.
Novas relacionadas
- Sae a luz “Obituario”, o novo traballo de Rocío Leira
- Rocío Leira gaña o III certame de poesía Xosé M. López Ardeiro convocado polo concello de Negreira
- Rocío Leira: “Escribir sobre o cancro sempre é difícil, pero se está orientado ó público infantil a dificultade é maior”
- A ceense Rocío Leira tamén estrea novo libro de literatura infantil
- Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar.
- Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Modesto Fraga presenta o seu novo libro cheo de Fisterranía.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Modesto Fraga, Rocío Leira e Lola Canosa, expoñentes da homenaxe poética aos Faros da Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])