A Universidade Sénior da UDC chega por primeira vez ata Cee

Ademais das xornadas que artellan en Carballo, Muros e Zas, a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña achégase este mes a Cee. 

Este pasado venres presentábanse I Xornadas “Coñecendo a Universidade Sénior”, dirixidas aos adultos maiores desta vila e da súa comarca.

As xornadas desenvolveranse ao longo do mes de xuño na Casa da Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9).

Programa e inscrición

A inscrición, totalmente gratuíta, poderá realizarse en liña a través do espazo web da UDC Sénior Cee ou de forma presencial no Servizo de Deportes do Concello de Cee  entre o 24 de maio e o 8 de xuño.

O programa estrutúrase en tres módulos con sesións teórico-prácticas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes áreas temáticas:

MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais

  • Xoves, 12 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00
  • Sesión teórica “Tipoloxía e significado dos cruceiros en Galicia” e visita ao Museo Fernando Blanco de Lema, a cargo do prof. Álvaro Iglesias Maceiras

 
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía

  • Xoves, 19 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00
  • Sesión teórica “A ría de Lires, unha contorna ambiental, social e economicamente sustentable” e saída de campo á Ría de Lires e piscifactoría Tres Mares, a cargo do prof. Javier Cremades Ugarte

 
MODULO 3. Ciencias da Vida e Saúde

  • Xoves, 26 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00 
  • Sesión teórica “Educación para a Saúde dende o exercicio terapéutico” e actividade práctica, a cargo da profa. Isabel Raposo Vidal

 
Con esta iniciativa, a Universidade Sénior achégase por vez primeira ás persoas maiores de 50 anos de Cee e da súa contorna, co obxectivo de dar resposta ás súas inquedanzas e necesidades formativas, en liña co labor de extensión universitaria que desenvolve desde a súa primeira edición no ano 2018.

Máis novas