mércores. 30.04.2025
El tiempo

60 maiores gozan do pracer de aprender coa Universidade Sénior

Inauguracion Universidade Senior de Zas
60 maiores gozan do pracer de aprender coa Universidade Sénior

Onte tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio a inauguración da nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña, coapoio da Xunta de Galicia e en colaboración co GDR “Costa da Morte” e o Concello de Zas. Son 66 as persoas maiores de 50 anos de toda a comarca as matriculadas, quee xa gozan do pracer de aprender

O programa estrutúrase en tres módulos, con sesións teóricas e prácticas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, dous días á semana, con tres temáticas principais (humanidades e ciencias sociais; ciencias da terra e tecnoloxía; e saúde) con mestres da talla de Victoria de León Sanjuán, José López Rodríguez, Elena Martín Cancel, Sergio Rodríguez Roilo, Gloria Mª González Fortes, Álvaro Michelena Grandío, Luis Saleta Canoss, Salvador Fojón Polanco e Carlos Freire Rodríguez.

Agora as clases desenvolveránse durante este mes, e o programa formativo finalizará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o 19 de marzo de 2025.

Outras edicións

Comentarios