Volven pedir axudas para deportistas e clubs de Cee
O BNG vén de solicitar que o Concello inclúa unha serie de subvencións a deportistas individuais e clubs deportivos que están realizando unha labor impresionante nas súas disciplinas.
O grupo pensa nos atletas Elian Numa e Xiana Lago, na deportista de contacto Paty Túñez ou nos activos Club Cee Deportes de Contacto e Club Deportivo Dafit.
”Adestrar e competir son tarefas que supoñen para os deportistas e as súas familias, viaxes contínuos fora e dentro da Galiza, polo que desde as administracións debemos colaborar económicamente, como o facemos cos deportes mais practicados. Eses deportistas levan o nome de Cee por todo o país e iso debe ter a súa compensación”, reflexiona o voceiro nacionalista Serxio Domínguez.
Paralelamente, o grupo lamenta o “non” da alcaldesa, Margarita Lamela, a negociar os orzamentos. “Vendo que alcaldesa non quere negociar os orzamentos, nen acepta a nosa proposta, desde o Bng propoñémos que inclúa aos seguintes deportistas e clubs no anexo de subvencións, para poder axudalos da mesma que aos demais”.
Novas relacionadas
- Maio 22: Gran mañá de taekwondo no pavillón de Cee.
- Abril 22: Xiana Lago proclámase campiona de España sub20.
- Xullo 21: Elian Numa pecha unha colosal temporada colosal proclamándose Campion Galego Absoluto de 800m.