Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Gran mañá de taekwondo no pavillón de Cee

Taekwondo en Cee
Taekwondo en Cee
Gran mañá de taekwondo no pavillón de Cee

Vestiuse de gala e encheuse ata a bandeira o pavillón municipal de Cee duranta a mañá do sábado para acoller o Campionato de taekwondo-do ITF. Uns 250 deportistas dos clubs de Oroso, Noia, Sigueiro, Carballo e de Cee, completaron a xornada de mañá con gran afluencia de público en Cee.

Taekwondo en Cee

Club local

O club local, que se fundou no 2009, conta na actualidade cuns 50 deportistas nas disciplinas de taekwon-do ITF e kick boxing.

Ademais da actividade competitiva, o Club Cee Deportes de Contacto organiza ao longo do ano actividades dirixidas a idades comprendidas entre o 4 e os 70 anos:

  • Escola deportiva de taekwon-do ITF e kick boxing durante o curso escolar (de setembro a xuño 2022). Luns e mércores das 18:00 ás 23:00 horas no pavillón municipal de Brens (Cee).
  • Campus-Escola deportivo de verán (meses de xullo e agosto). Luns, mércores e venres en horario de mañán no pavillón municipal de Brens (Cee).

Comentarios