Xiana Lago proclámase campiona de España sub20

17:49 14/03/22
Non ten teito Xiana Lago. A atleta ceense segue rompendo marcas. Hai apenas 3 semanas quedaba subcampiona galega en categoría absoluta con só 18 anos. Onte, domingo 13 de marzo, subía ao máis alto do poido no Campionato de España sub20, que se celebraron en Antequera (Málaga).
A deportista do Ria Ferrol - C. Arenal lanzou 12,05 metros en lanzamento de peso, o que lle valeu o título, sacándolle 18 cm á segunda clasificada.
Na mañán de hoxe, domingo 13 de marzo de 2022, a xoven atleta ceense XIANA LAGO ANDRADE proclamouse CAMPIONA DE ESPAÑA SUB20 de peso en pista cuberta. Os campionatos estanse a celebrar na cidade cordobesa de Antequera.
Novas relacionadas
- 21-02-2022: Outro título Galego para a atleta ceense Xiana Lago.
- Xullo 21: Xiana Lago segue medrando conseguindo a medalla de ouro nos Campion.
- 18-07-21: Xiana Lago, Campiona Galega Absoluta de disco e subcampiona en peso con 17 anos.
- 17-07-21: Elian Numa quedaba Campión Galego Absoluto en 800 metros.
- Xuño 21: Xiana Lago bate o seu propio récord de lanzamento de peso sub18.
- Marzo 20: Xiana Lago, subcampiona de España sub18 de peso; e Elian Numa campeón galego absoluto de 1500.
- Marzo 2020: Xiana Andrade marca un novo récord galego en peso.
- 11-02-2020: Xiana Lago xa ten a mínima para o Campionato de España en pista cuberta.