Xiana Andrade marca un novo récord galego en peso

Xiana Lago Andrade Record Galego Lanzamento de Peso

Segue dando alegrías e esperanza ao atletismo ceense Xiana Lago Andrade. Vén de conseguir batir o Récord Galego de lanzamento de peso 3Kg Sub18, no LXIV Campionato Galego Sub18, celebrado este domingo. Cun lanzamento de 14,49m batía así a súa mellor marca persoal e a mellor marca galega, que levaba vixente dende o 2006.
Con esta marca lidera o ranking nacional de Peso3K Sub18, no que competirá o próximo 13 de marzo no Campionato de España en Barcelona.

Novas relacionadas