Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A mazaricá Rocío Alvite, o Triki Team e a ceense Xiana Lago triunfan nas súas disciplinas atléticas

Xiana Lago triunfa nos campionatos estatais de peso
Xiana Lago triunfa nos campionatos estatais de peso
A mazaricá Rocío Alvite, o Triki Team e a ceense Xiana Lago triunfan nas súas disciplinas atléticas

Boas novas para o Atletismo costeiro, tanto dende Mazaricos, dende Muros como dende Cee.

Rocío Alvite e Triki Team campioa do Circuito Provincial

Familia de gañadores dos Premios do Circuito de Carreiras Populares
Familia de gañadores dos Premios do Circuito de Carreiras Populares

Este pasado venres tivo lugar a entrega de Premios do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares. E entre os máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron nas 30 carreiras do Circuíto, temos varios campións costeiros.

Rocío Alvite Ferriro, mazaricá do Club Sar, quedou campiona en Categoría Absoluta Feminina.

Ademais, o Tiriki Team, de Muros, venceu en categoría masculina por Clubs de Menores, quedando en terceira praza na feminina, por detrás de Noia e da asociación ceeense Olimpia.
O club Atletismo Sar proclamouse vencedor das categorías absolutas feminina e masculina.

Xiana Lago, no Top Ten

Este domingo, a nova atleta ceense Xiana Lago Andrade conseguiu entrar no TOP TEN na disciplina de lanzamento de peso nacional sub-18 nos Campionatos de España sub-18 que se celebraron esta fin de semana na cidade de Valencia.

A ceense, que ingresou este curso no Centro Galego de Técnificación Deportiva de Pontevedra (Xunta de Galicia), e que compite co club Ría Ferrol-C. Arenal, xa empeza a facerse un sitio a nivel nacional.

Campo a través en Carballo

O CEIP A Cristina foi un dos triunfadores no Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Educativos, que se disputou na zona verde do polígono de Bértoa con 515 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete de 66 centros escolares da provincia. Entre eles había 19 corredores e corredoras, dos colexios da Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo.
O colexio carballés sumou unha vitoria e dous segundos postos: o triunfo de Hugo García na categoría benxamín masculina e as medallas de prata de Tirso Ramos na carreira alevín masculina e do equipo benxamín masculino (formado por Hugo García, Nicolás Lema, Rodrigo Rama e Adrián Bustelo).

Atletas do CEIP A Cristina no Campionato de Campo a Traves

Novas relacionadas

Comentarios