Elian Numa, volve subir ao podio do Campionato de España sub23

Xa levamos recollendo os seus premios dende 2013. Nos últimos anos xa quedou campión sub20 e subcampión de España sub23, un premio que vén de repetir esta fin de semana.
O atleta ceense Elian Numa subiu ao segundo chanzo do poido do Campionato de España ao Aire Libre sub23 celebrado en Sevilla. O atleta do club Coruña Comarca, vencía a medalla de prata nos 800 metros lisos, cumprindo así coas expectativas que tiña, posto que se presentaba ao campionato coa terceira mellor marca dos participantes.
E iso que cómpre ter en conta as rigurosidades desta atípica tempada provocadas pola crise sanitaria do COVID19. Este logro serviralle ao xoven atleta galego de 19 anos de estímulo para seguir adestrando, despois dunha longa tempada chea de continxencias.
Novas relacionadas
- Marzo 2020: Elian Numa, candidato a mellor atleta galego sub23.
- Febreiro 2020: Elian Numa proclamouse subcampión de España sub23 e mantén a condición de Deportista Galego de Alto Nivel.
- Xullo 2019: Cee recoñece o encomiable palmarés, e o futuro, do seu atleta Elian Numa.
- Marzo 2019: Un campión de España e dous de Galicia para a familia deportiva de Cee.
- 2013: Elian Numa López campión galego nos 1000m obstáculos.
- 2013: Dous atletas do Olimpia proclámanse campións da zona .