Os 200km do Camiño dos Faros en 41 horas por un Reto Solidario

Yago Dosil e Coco Caamaño cos peques da Asociación Paseniño

41 horas e media. Foi o tempo que lle levou a Iago Dosil e a Coco Caamaño en percorrer os 200km do Camiño dos Faros no marco do Ruta dos Faros. Un ultramaratón solidario, para recadar fondos para as Asociacións Paseniño e BailaconEM. Dúas entidades para a axuda á rapazada con diversidade funcional é as persoas con esclerosis múltiples radicadas na comarca.

Os do Vilar de Corcubión demostraron o poder deportivo desta senda. Coco non puido completalo, pois tivo que retirarse tras 150km, demostrando que pasar dúas noites en marcha é algo só apto para auténticos titáns.

En calquera caso, aínda estamos a tempo de colaborar en retorutadosfaros.es.


Yago Dosil e Coco Caamaño en Fisterra ao remate do reto con dous compañeiros ultrafondistas