venres. 07.08.2026
El tiempo

Un tenso e ateigado pleno de Corcubión aprobou finalmente a partida para permitir a apertura do Centro de Día

Pleno de Corcubion
Imaxe do ateigado pleno deste venres en Corcubión
Un tenso e ateigado pleno de Corcubión aprobou finalmente a partida para permitir a apertura do Centro de Día

Foi á segunda, e desta volta cos votos a favor do grupo de goberno do BNG, PSOE e Sempre Corcubión, e os votos en contra do PP. A proposta da alcaldía dentro do POS provincial inclúe 66.899,61 euros para subministración de equipamento necesario para apertura do Centro de Día, e 33.100,76 euros para obras de mellora nas súas instalacións. Un paso necesario para darlle saída a centro de día, de xestión privada por unha entidade sen ánimo de lucro (a Xunta leva décadas esquecendo as súas responsabilidada na materia), que vén a supoñer cubrir unha necesidade histórica para a vila e a comarca.

Foi un tenso pleno despois da primeira intentona de finais de xullo, e do cruce de declaracións. Parece fundamental a posición das agrupacións cidadás como Boca de Sapo, e sobre todo a Plataforma Xuntos polo Centro de Día, para impulsar unha votación necesaria para sacar adiante unha infraestrutura necesaria.

Histórico do Centro de Día

Comentarios