#25N: Corcubión centra o foco nos centros de ensino
17 de novembro de 2022 (07:11 h.)
A Concellería da Muller e Igualdade do Concello de Corcubión celebra o 25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con varias actividades de coeducación, sensibiización e concienciación, dirixidas ao alumnado da ESO do IES Fernando Blanco e o de Primaria do CEIP Praia de Quenxe, que da man da Asociación Visibles, realizarán os obradoiros de Cambiando o Conto e Mulleres Visibles.
Tamén convidamos a vistar a exposición "Sen Elas non Hai Música Galega" que estará exposta na Casa do Concello do 21 ao 30 de novembro en horario de mañá.
O propio 25N, ás 12 horas, na porta da Sede Municipal, haberá concentración e a lectura do manifesto.
OUTRAS NOVAS SOBRE O 25N
- #25N: 3 centros de ensino da Costa participan na ciberquedada da campaña provincial "De Fronte”.
- #25N: A Plataforma “Feminismo en pé” convoca unha concentración en Ponteceso.
- #25N: Coristanco invita ao tecido comercial á campaña ”Nin unha cadeira máis baleira”