Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#25N: 3 centros de ensino da Costa participan na ciberquedada da campaña provincial "De Fronte"

Silvia Seixas Maria Muino e Eva Ovenza ca campana De Fronte
As responsables da área de Igualdade da Deputación Silvia Seixas, María Muíño e Eva Ovenza presentando a campaña De Fronte
#25N: 3 centros de ensino da Costa participan na ciberquedada da campaña provincial "De Fronte"

Volve a Deputación da Coruña, coincidindo co Día Internacional contra a Violencia de xénero, lanzar a campaña “De Fronte”. Fanno cunha programación que incluirá unha serie de accións específicas dirixidas a público xuvenil sobre temáticas como o ciberacoso, sexting, sextorsión ou grooming.

Entre a vintena de centros educativos escollidos para a gran ciberquedada da mañá do día 23 atopamos os IES Alfredo Brañas (Carballo), CPI de Zas (Zas) e IES Maximino Romero de Lema (Zas).
Ademais desa cita virtuai, o alumnado dos centros poderán ver varios microvídeos protagonizados pola actriz galega Melania Cruz; recibirán parte do merchandising da campaña; e realizarán xogos interactivos sobre a material.

O acto institucional terá lugar o propio 25N ás 09:45h no IES Puga Ramón da Coruña.

A deputada do BNG María Muíño defende a necesidade destas campañas. “Os datos obxectivos indican que a violencia machista pervive de xeito estrutural na nosa sociedade”. “1 de cada 5 rapaces de entre 16 e 25 anos considera que a violencia machista non existe e asimílana como un invento ideolóxico creao polo movemento feminista, e só 4 de cada 10 considera que as desigualdades de xénero son elevadas e causan dano ás mulleres”.

Outras novas sobre o 25N

Comentarios