Sábado. 10.12.2022
El tiempo

#25N: Coristanco invita ao tecido comercial á campaña ”Nin unha cadeira máis baleira”

Nin unha cadeira máis baleira-Coristanco
#25N: Coristanco invita ao tecido comercial á campaña ”Nin unha cadeira máis baleira”

”Nin unha cadeira máis baleira” volve ser o impactante leva do Concello de Coristanco co gallo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este ano volve cun programa que pretende dar visibilidade en toda a súa crueza as terribles consecuencias que pode ter mirar para outro lado.
Nese sentido, o Concello invita ao todo o tecido comercial que amose o apoio a esta campaña e o firme rexeitamento contra as violencias, ubicando unha cadeira baleira nos seus establecementos, ás 12h do 25 de novembro.

Este domingo 20 de novembro, arrinca o programa cunha andaina, inscrita en "Camiño ao Respecto" da Xunta. Terá a súa saída ás 10:00h do Edificio de Servizos Múltiples, e fará un percorrido de 7 kg aprox, ida e volta ata Ponte Lubiáns. Poden realizar as Inscripcións no 665 294 194 ata o 19 de novembro ás 12h.

O luns 21 de novembro, a partir das 10:30h, a Biblioteca acolle un Obradoiro de Tapicería e Reciclaxe de cadeiras co obxectivo de proporcionarlle unha segunda vida a estes elementos mentres convidamos a unha reflexión sobre os estereotipos e a división sexual do traballo.

Xa o xoves 24 de novembro, ás 18:00h no Edificio de Servizos Múltiples, a compañía Trémola Teatro achéganos a súa obra "Dúas nenas moi moi valentes”, pensada para público infantl (+3 anos).

E por último, o mesmo 25 de novembro, as 12:00h inaugurarase no Edificio de Servizos Múltiples a exposición "Nin unha cadeira máis baleira" da man da artista local Loli España e Dora Mat quen realizará a lectura do manifesto fronte ao emblema deste día, a cadeira de máis de dous metros localizada na Praza deste Edificio e o Xardín Vertical pola igualdade.
Ademais, os centros escolares do municipio realizarán os seus propios traballos que serán expostos ata o vindeiro 2 de decembro.

Outras novas sobre o 25N

comentarios