Antón Recamán presenta en Corcubión o seu poemario Apatria
13 de marzo de 2024 (07:32 h.)
Este sábado 16 de marzo Corcubión ten unha cita coa poesía. Boca de sapo comunidade ecosocial e cultural presentará o último poemario do poeta ceense Antón Recamán: "Apatria". A cita será ás 12:15h no museo da Casa de Cultura.
Alex López membro da asociación será o anfitrión que arroupe ao autor e aos responsábeis da editorial independente "Malafera" Alfredo Vázquez e Branca Trigo.
Haberá proxección de vídeo poema realizado por KCH Visuals, unha exposición fotográfica, recital de versos do poemario, asinamento de exemplares e brindaremos finalmente cun viño pola palabra poética.
NOVAS RELACIONADAS
- Novembro 23: Xa está na rúa - Apatria - o novo poemario de Antón Recamán
- Abril 22: Antón Recamán reflexiona sobre o propio ser no seu segundo poemario “Alén do Corpo”:
- 2020: Antón Recamán: ““As mans atlánticas da ausencia” nace do silencio”.