O noso xa ben coñecido Mestre e Poeta Costeiro, Antón Recamán, (Antón Riveiro de Dios, Cee, 1985) polas súas anteriores obras “As Mans Atlánticas da Ausencia” (2020) e “Alén do Corpo” (2022) ambos pola Editora Urutau, ven de lanzar o seu novo Poemario en Galego, - Apatria -.
Este, o seu terceiro poemario, saíu á venta o 7 de novembro deste ano, nesta ocasión baixo o selo editorial Malafera, editora independente de Vigo que dirixen Branca Trigo e Alfred Vázquez e que ten publicado a outras autoras como Branca Trigo, Bea Saiáns ou Amauta Castro.
A editora (Malafera) gosta de conxugar poemas con outras formas de expresión artística e ten unha liña de traballo moi coidada nese sentido. De aí nace a idea de acompañar a saída do libro cun pequeno videopoema, baixo a dirección artística e produción de Leopoldo Lamela (KCH VISUALS), no que se intenta contar unha pequena historia en imaxes moi pechadas de plano mais dando o seu protagonismo e espazo á palabra e ao poema de Antón.
O poemario sae dentro da súa colección de poesía Basilisco onde tamén se pode atopar 'O resto é ceo' de Silvia Penas.
Este sábado 2 de decembro poderedes atopar a Antón no Culturgal (Pontevedra) asinando exemplares desta - Apatria - na caseta da librería Paz. E moi pronto teremos datas para as presentacións do libro na Costa da Morte.
NOVAS RELACIONADAS