Aparece o corpo dunha muller nas rochas do Cabo Fisterra

Foi a embarcación Coral 5, con base en Fisterra, a que arredor das 10:00h chamaba a Salvamento Marítimo para dar conta dunha mala nova. Albiscaban, nas rochas do Cabo Fisterra, o corpo dunha muller.

Salvamento Marítimo enviaba á zona á embarcación auxiliar do Don Inda, que efectivamente recuperaba o cadáver e o trasladaba ata o peirao de Corcubión.

Alí esperaban membros de Protección Civil, Garda Civil, GardaCostas e mesmo membros dunha funeraria, á espera do levantamento do cadáver por parte do Xuíz. O corpo é dunha muller de 40 anos natural de Culleredo.

Por agora todo son hipóteses, pois puido tratarse dun suicidio ou dun accidente. Parece ser que un coche foi atopado nas inmediacións do Cabo, coa súa documentación e unha nota.

Estas son imaxes do rescate, cando a embarcación auxiliar do Don Inda e a de Gardacostas, chegan ata o Coral 5 para recuperar o corpo da muller.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).