Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Superando o primeiro temporal de mar

Superando o primeiro temporal de mar
Praia de Valares en inverno-Fotos-Anthia Romero Chegou o primeiro temporal deste inverno 2014-2015. Pero foi só de mar de fondo. Amarramos a chalana e botamos un ollo a ver como veu a mar nestes días, pois dende o mércores houbo, e moita. De feito, xa tivemos un accidente na mar, cun naufraxio en Muros, sen graves consecuencias. Levamos tres días en Alerta Amarela por mar de fondo, por Ondas por mar de fondo do noroeste entre 4 e 6 metros, malia que a Boia de Lira está en mantemento e non dispón de datos actuais.Unha Alerta que se manterá o sábado pero pola zona norte, de Laxe a Malpica. Polo de pronto os máis afectados, son os profesionais do mar. Xa terían que estar na mar preparando a campaña de Nadal, pero poucos barcos se atreveron a desafialo. O mal tempo é o meirande inimigo do sector por estas datas, e iso que ten as armas levantadas contra Europa, a Xunta, o arrastre… Mar de Muxia en 10-12-14-Fotos-Daniel Haz Mar en Muxia o 12 de decembro 2014-Foto-Maria da Barca Asi rompe o mar en Fisterra-Foto-Dario Gomez Mar de Malpica - Foto-Fran Varela Saleta

Parte costeiro de 4gotas

Cade venres traemos, na #Axenda da fin de semana: o parte de 4gotas, que aproveitamos: O sábado, os chuvascos caerán de xeito intermitente ao longo da mañá. Remitirán a partir do mediodía excepto na zona de Malpica, onde se manterán aínda nas primeiras horas da tarde. O ceo estará algo máis aberto e as máximas baixarán sen que os termómetros superen os 12º ao mediodía. O nordés soprará con menos forza co venres pero aínda así se deixará sentir xa que falamos de intensidade moderada. As ondas no mar acadarán aínda os 4 metros. O domingo non é probable que chova pero sí que o ceo estará moi toldado a primeiras horas. Co avance da mañá irase abrindo polo que é probable que teñades unha tarde de nubes e claros pero fría xa que as máximas manterán os valores do sábado. O vento, este día, perderá finalmente intensidade quedándose en frouxo. Finalmente as ondas, por fin baixarán dos 4 metros quedándose nos 3. Se non tedes claro qué poñervos esta finde, aconsellámosvos este conxunto de roupa axeitado para vosa zona e adaptado ao tempo que vai facer para o venres e a mañá do sábadoeste outro para a tarde do sábado e o domingo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios