Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rescatados os tripulantes do Pesqueiro Camarón na ría de Muros

Rescatados os tripulantes do Pesqueiro Camarón na ría de Muros
Pesqueiro Camaron encallado en Esteiro

O temporal de mar de fondo destes días xa tivo a súa primeira vítima, pero afortunadamente só material. O pesqueiro noiés Camarón, quedaba semiafundido diante das costas de Esteiro, e acababa nas rochas desta guisa, pola forte acción do mar, nos Baixos de Borneira de Fóra.

Por sorte, os seus 3 tripulantes foron rescatados por outro pesqueiro, e desembarcados en Portosín.

O Centro de Coordinación de Fisterra, co que por certo xa non podemos falar senón que temos que contactar directamente con Madrid, recibía ás 8:20h un aviso do pesqueiro “Cañizas Veiga”, que informaba do Camarón, que xa recolleran aos tripulantes nunha zona rochosa de complicado acceso.
Ao parecer parón no motor foi a causa do naufraxio. Os tripulantes foron rescatados con algo de hipotermia pero en bo estado de saúde.

Salvamento Marítimo ten mobilizado a Salvamar Regulus, persoal da base estratéxica da Coruña de loita contra a contaminación, que están traballando en porto para retirar os 120 litros de combustible que aínda quedan no barco.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios