O Bar Suiza ratifica a súa supremacía no Torneo de Copas

Foto de Familia do Toreo de Copas

Este venres disputouse unha nova edición da Supercopa de Fútbol Sala de Corcubión. Un encontro que serve para lembrar aqueles torneos de Copas, que se xogaron entre 8 bares dos 12 que había na vila entre 2007 e 2010, nos que a hostalería corcubionesa estaba nun momento de gran implicación.

Os dous últimos gañadores do Torneo volveron enfrontarse no pavillón corcubionés. O ano pasado gañou o Bar Suiza e este ano, a pesar dos grandes nomes da Gavilla, reeditaron o triunfo. O Suiza venceu por 6-4 nun disputado partido con moita calidade.

Os trofeos os patrocina E. S. Bazarra e colabora o Concello de Corcubión.

Bar Suiza
A Gavilla
Sergio recibindo o Trofeo de Mellor xogador a mans do alcalde Drok
Julio López de Bazarra entregando o trofeo de campión a Óscar, xerente do Bar Suíza 

Máis novas