Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Pavillón de Corcubión recuperou o Torneo de Copas

Angel Moar e Oscar do Bar Suiza
O organizador Ángel M. Moar entregando a Copa de campión a Óscar Rod. do Bar Suiza
O Pavillón de Corcubión recuperou o Torneo de Copas

Fermosa xornada a vivida o pasado venres no Pavillón de Corcubión coa Supercopa do Torneo de Copas. Ese Torneo que entre 2007 e 2010 xuntaba 8 equipos de bares/pubs da vila (máis da metade dos que había abertos entón), xuntando cada ano 80 xogadores (10 por equipo), case todos corcubioneses (só se permitía un “foráneo” por equipo), o cal dada o poboación da vila era moi meritorio.

Ángel M. Moar quixo recuperar a data e artellou unha fermosa Supercopa entre os gañadores das dúas ultimas edicións, o Café Bar Suiza (campión en 2009) e o Pub Gavilla (en 2010).

Torneo de Copas de Corcubion 2022
Foto de familia

Os equipos, que mesturaban caras de sempre (Andrés, Xavi, Coronilla, Paco Perú, Óscar…) con novas fichaxes (xogadores da Liga da Costa como César Lojo, Iago Lema, os Lestón, Bruno, Jon, Edu, Víctor Agulleiro…) celebraron un choque moi divertido, e de gran calidade, para facer gozar ás máis de 100 persoas que se achegaron polo Augusto César Lendoiro.

Foi o Bar Suiza o que vencía finalmente por un 7-4, pero quedaron moitas ganas de revancha ó remate de partido e seguro que se artella outra edición.

Bar Suiza campion do TOrneo de Copas de Corcubion
O Bar Suiza coa copa

Comentarios