O Bar Suiza ratifica a súa supremacía no Torneo de Copas
10:21 23/12/23
Este venres disputouse unha nova edición da Supercopa de Fútbol Sala de Corcubión. Un encontro que serve para lembrar aqueles torneos de Copas, que se xogaron entre 8 bares dos 12 que había na vila entre 2007 e 2010, nos que a hostalería corcubionesa estaba nun momento de gran implicación.
Os dous últimos gañadores do Torneo volveron enfrontarse no pavillón corcubionés. O ano pasado gañou o Bar Suiza e este ano, a pesar dos grandes nomes da Gavilla, reeditaron o triunfo. O Suiza venceu por 6-4 nun disputado partido con moita calidade.
Os trofeos os patrocina E. S. Bazarra e colabora o Concello de Corcubión.
Máis novas