O BNG reitera a necesidade de solventar o embude de Quenxe
Está en plenas obras da senda peonil dende Quenxe ata o Cabo C, o BNG local pregúntase se se vai resolver a problemática que se xenera no lavadoiro de Quenxe.
O BNG xa lle trasladou á Deputación a “necesidade de arranxar o embude que existe na mesma estrada, á altura dos lavadoiros. Ese pequeno tramo de 200 metros, é un auténtico perigo para o tráfico e para os peóns, dado que ademais da escasa visibilidade que existe, o viario é demasiado estreito, e non existe unha beirarrúa para protexer aos viandantes”.
Se ben a Deputación comprometerase o pasado mes de xullo a darlle unha solución á nosa proposta nunha segunda fase de obras, dende o BNG local lamentan que “van catro meses e seguimos sen ter noticias sobre a segunda fase para resolver o embude en Quenxe. Pensabamos que o deputado de obras viñera antonte a anunciar a inclusión nos orzamentos do vindeiro ano a execución da segunda fase, pero parece que só viu a sacarse unha foto co alcalde”.
Novas relacionadas
- Novembro 21: A senda peonil ata o Faro de Corcubión estará lista antes do verán de 2022.
- Xullo 21: En breve comezan as obras da senda de Corcubión a Cabo C.
- Marzo 2020: Piden ampliar o proxecto da senda peonil ata Faro C para que comece no lavadoiro de Quenxe.