Piden ampliar o proxecto da senda peonil ata Faro C para que comece no lavadoiro de Quenxe
Hai un proxecto en marcha sobre a ampliación da estrada ao Faro C, facendo unha das sendas peonís anunciadas pola Deputación. É un acondicionamento de 3,4km ata o faro, para facilitar a chegada de camiñantes e veciños ata o emblemático lugar.
Pero son moitos os veciños que queren aproveitar este proxecto para acometer outras melloras, como a mellora da estrada dende o cemiterio. A veciñanza solicita que a estrada sexa ampliada dende o lavadoiro de Quenxe, que é onde se estreita a estrada e onde existe maior perigo tanto para os coches que non teñen visibilidade e para os peóns, dado que non existen beirarrúas.
Unhas queixas que o BNG vén de trasladarlle nunha xuntanza ao xefe de obras da Deputación. que foi moi receptivo, e comprometeu a facer unha nova visita ao concello para estudar a posibilidade reformular o proxecto.
p>O edil do BNG Lois Lado declarou que “nós estamos de acordo en facer a senda peonil, pero para iso é mais urxente solucionar o problema da parte estreita da estrada, dado que a senda peonil vai facer un efecto chamada tanto para vehículos, bicicletas e peóns e que este proxecto non tivo en conta ese acceso a senda para garantir condicións de seguridade e polo tanto evitar o risco de accidentes.