Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A senda peonil ata o Faro de Corcubión estará lista antes do verán de 2022

Obras da senda ao Faro de Corcubion
Jose Manuel Pequeño visitou as obras
A senda peonil ata o Faro de Corcubión estará lista antes do verán de 2022

Avanzan as obras da construción dunha senda peonil e ampliación e mellora da estrada DP-2801 de Corcubión a San Roque por Redonda. Unha senda espectacular que permitirá facer un dos paseos máis disfrutóns da zona con seguridade antes do verán que vén.

José Manuel Pequeño destacou “a singularidade” da obra, cun orzamento de 928.777 euros, un dos maiores investimentos programados este ano na rede provincial de estradas e o maior realizado en Corcubión ata o momento.

As obras abarcan desde o punto quilométrico 0+780 (Quenxe) ao 2+554 bordeando a ría. Executarase a ampliación da vía ata os 7 metros de ancho, con dous carrís de 3,5 metros, beiravías de medio metro na marxe esquerda e unha senda peonil de 2 metros de ancho ao longo de toda a marxe esquerda da estrada.
As actuacións prolongaranse tamén ao ramal que conduce ao faro de Cee pasando polo campo de fútbol. Alí o vial contará cunha anchura de 6 metros, con dous carrís de 3 metros, beiravías de medio metro e unha senda peonil de 2 metros de ancho.

Comentarios