A Capela do Pilar de Corcubión acolle unha presentación da Global Sumud Flotilla

Este venres 27 de febreiro, a Capela do Pilar de Corcubión acollerá a presentación da Global Sumud Flotilla 2026. Unha comitiva de axuda internacional que volverá zarpar este abril para romper o brutal bloqueo ao que está sometida Gaza.

Para presentar a campaña deste ano, o Colectivo de Apoio COAP Costa da Morte, conta con Alberte Pagán, integrante da coordenadora do Movemento global para Gaza -Galiza. Alberte Pagán formou parte de COSAL-Galiza, e no 2011 viaxou aos territorios ocupados de Palestina, onde gravou "Película urxente por Palestina", curtametraxe que proxectaremos neste acto.