O Carrumeiro abre a vela á veciñanza da ría de Corcubión
14 de xaneiro de 2026 (08:16 h.)
Ademais do pioneiro proxecto escolar con máis de 20 anos de vida, o porto de Corcubión abre as portas da vela á rapazada da comarca. O Club Marítimo Carrumeiro no seu afán de continuar a promoción, a práctica e consolidación de actividades náuticas, lanza un novo programa.
Durante os meses de inverno, primavera e outono, o club, co apoio da Deputación, propón o "Programa de Vela Infantil Club Marítimo Carrumeiro". O plan conta con 20 prazas subvencionadas, para crianzas entre 7 anos (nados 2017) e 17 anos (nados 2008).
O programa de formación abarca 5 meses repartidos en dous bloques (de febreiro a xuño), para desenvolver os sábados de 10:00h a 14:00h.
Poden contactar no 666 36 93 24.
Máis novas