mércores. 30.04.2025
El tiempo

"O Mar Na Escola 2025", 20 anos levando o mar ao currículo escolar

Presentacion Xogando co vento Corcubion 2025
"O Mar Na Escola 2025", 20 anos levando o mar ao currículo escolar

Arrinca un curso máis, coa chegada da primavera, un dos programas escolares-deportivos-náuticos, máis fermosos da comarca. A Escuela de Vela Cataventos presentaba onte a 20ª edición do programa “O Mar Na Escola 2025, Xogando Co Vento”, un proxecto que permite levar o mar, a través dos deportes náuticos, aos plans de estudio.

Así, durante esta primavera, 331 rapaces e rapazas dos colexios e institutos de Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía e Carnota, realizarán sesións de deportes acuáticos en horario escolar, convertindo o mar nunha materia ordinaria, como debería obrigatorio ser nunha comarca como a nosa, tan vencellada ao mundo mariño. E todo, gracias a Cataventos, e aos profesores e técnicos deportivos implicados en incluír o mar no currículo de Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Educación Física dun xeito innovador e próximo.

Co patrocinio de Prodemar Stolt Sea Farm (estivo presente na presentación Javier De Francisco, Responsable de Relaciones Institucionais), e a colaboración da Real Federación Galega de Vela ea Secretaría Xeral para o Deporte, e dos centros de ensino, durante os meses de marzo, abril e maio a rapazada realizarán sesións teóricas (en biodiversidade dos mares e océanos, acuicultura, Nocións básicas sobre vento, correntes e mareas, así como teoría de navegación e seguridade no mar), e despois gozarán do mar practicando kaiak, kitesurf e vela.

”A rapazada pode achegarse ao medio no que viven, valorar e coidar os recursos do mar e do o medio da ría, para achegarse ao deporte en xeral e á vela lixeira en particular, ademais de aprender os conceptos básicos da navegación, sempre nun entorno lúdico e establecendo a mellor relación entre alumno-monitor”, explica Noemí Bermúdez, a gran promotora deste programa xunto a Marcos Trillo, ambos almas de Cataventos.

As sesións prácticas realizaranse nas instalacións do Club Marítimo Carrumeiro ou Marina Muxía; que corresponde por área aos centros participantes, onde aplicarán os coñecementos adquiridos a través da práctica de diversas actividades como vela, kayak, kitesurf e obradoiro de nós mariñeiros.

VII Concurso de Debuxo Stolt Sea Farm

Non faltará o Concurso de Debuxo de Prodemar, arredor da “Acuicultura de rodaballo, beneficios para o noso saúde e para o planeta”. Un certame que pretende promover a acuicultura, a súa vantaxes e beneficios do consumo de peixe na dieta infantil, fomentando a creatividade e a participación activa do alumnado, e sensibilizando sobre a importancia da acuicultura e a súa convivencia coa pesca para o a sustentabilidade e a conservación dos ecosistemas naturais, así como para a economía das nosas zonas costeiras.

O gañador deste certame terá o privilexio de visitar, xunto con todos os seus clase, unha das instalacións que Stolt Sea Farm ten na Costa da Morte. Ademais, recibirá un lenzo enmarcado do seu debuxo e un kit de agasallo de merchandising proporcionado pola empresa.

Os centros participantes

  • Concello de Cee: CPR MANUELA RIAL MUZO e CEIP VILLA DE CEE.
  • Concello de Dumbría: CEIP SANTA EULALIA.
  • Concello de Fisterra: CEIP MAR DE FORA, CEIP AREOUTA e CPR NOSA SRA DEL CARMEN.
  • Concello de Corcubión: CEIP PRAIA DE QUENXE.
  • Concello de Muxía: CEIP VIRXE DA BARCA, CEIP VILLARMIDE, CEIP OS MUIÑOS e IES RAMON CAAMAÑO.
  • Concello de Carnota: CEIP DO PINDO, CEIP DE CARNOTA.

Máis novas

Comentarios