sábado. 07.06.2025
El tiempo

"Os rapaces e rapazas volven á clase tralas xornadas do Mar na escola sendo verdadeiras tripulacións"

 

 

 

O Mar na escola a vela na ria de Corcubion
Unha xornada de mar na ría de Corcubión
"Os rapaces e rapazas volven á clase tralas xornadas do Mar na escola sendo verdadeiras tripulacións"

Afronta a recta final o fermoso proxecto “O Mar Na Escola, Xogando co Vento”. Non cansamos de loubar esta inciativa da Escola de Vela Cataventos que consegue levar ao currículo escolar algo tan necesario como o mar, esquecido nos progromas educativos a pesar de vivirmos nel. Un programa que utiliza os deportes acuáticos como a vela ou o kaiak para achegar o mar á rapazada.

Dende o mes de marzo, esta 20ª edición tivo 38 sesións prácticas no mar e 13 de teoría, nas que participaron 375 nenos e nenas de 14 centros escolares de 6 concellos. E os resultados ano tras ano “son palpablemente positivos”, sinala Noemí Bermúdez, de Cataventos, “xa que os grupos son máis numerosos, aumentáronse as sesións de mar, sesións de teoría e vese a maior implicación de todas as partes”. Ademais, notaron que “os mozos escolares esperan ansiosos o momento en que lles tocará participar no programa, e cando volve ás aulas fano sendo unha tripulación cunha infinidade de vivencias e de aventuras compartidas”.

O mar na escola na ria de corcubion

Poden ver toda unha galería de fotos por colexios nesta ligazón.

Concurso de Debuxo

Dentro deste programa incluíuse tamén a VII Edición do Concurso de Debuxo Infantil “A Acuicultura do Rodaballo, beneficios para a nosa saúde e para o planeta”, promovido polo patrocinador Stolt Sea Farm. Nos vindeiros días coñecerase o gañador, que recibirá o premio na xornda de clausura que se celebrará no seu centro educativo. A súa aula gozará da visita a unha das instalacións de Prodemar en Galicia, onde os nenos poderán aprender de primeira man sobre o proceso de cría do rodaballo.

Os centros participantes

O programa desenvolto por Cataventos conta coa colaboración de Cataventos Escola de Vela e os Concellos participantes así como co Club Marítimo Carrumeiro, a Real Federación Galega de Vela, a Secretaria Xeral para ou Deporte, e co patrocinio de Prodemar- Stolt Sea Farm.

Estes son os centros participantes:

  • Concello de Cee: CPR MANUELA RIAL MUZO e CEIP VILLA DE CEE.
  • Concello de Dumbría: CEIP SANTA EULALIA.
  • Concello de Fisterra: CEIP MAR DE FORA, CEIP AREOUTA e CPR NOSA SRA DEL CARMEN.
  • Concello de Corcubión: CEIP PRAIA DE QUENXE.
  • Concello de Muxía: CEIP VIRXE DA BARCA, CEIP VILLARMIDE, CEIP OS MUIÑOS e IES RAMON CAAMAÑO.
  • Concello de Carnota: CEIP DO PINDO, CEIP DE CARNOTA.

Máis novas do programa

Comentarios