Corcubión acolle unha estrea teatral herculina con acento costeiro
Este venres 31 ás 20h hai cita co teatro en Corcubión na Casa da Cultura. O Concello de Corcubión acolle unha serie de pezas teatrais baixo o nome de Xente de pálida pel. Trátase dunha proposta do Estudio de Teatro Casa Hamlet da Coruña, un referente para a formación continuada de actores e actrices, comunidade de aprendizaxe da que forman parte algunhas das persoas integrantes da compañía Farándula Velutina.
O Concello de Corcubión acolle este espectáculo como apoio ao labor de promoción e divulgación do eido escénico.
Xente de pálida pel conta coa dramaturxia e dirección de Santiago Fernández cofundador xunto a Manuel Lourenzo de Casa Hamlet. O elenco de actrices e actoras esta formado por máis dunha veintena de estudantes intérpretes entre os que se atopa Elisa Lema, Marina Gómez e Fernando Castro de Farándula Velutina.
O material esta inspirado en textos de Alonso de Santos, Manuel Lourenzo, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, W. Shakespeare, García Lorca... entre outros.